Wednesday 15 de May de 2024

Ovidio Rodeiro presidiu hoxe a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de loita contra os incendios forestais


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presidiu esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participaron representantes da Subdelegación do Goberno, responsables da Policía Autonómica e Nacional e da Garda Civil, e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá na sede da Delegación Territorial coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca a semana que vén.